Trátase dunha iniciativa organizada por ABAS (Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade) xunto co Concello da Pobra do Caramiñal, que abre o seu prazo de inscrición e que terá comezo a principios de marzo, levarase a cabo os martes e xoves en horario de 16:30 a 17:30 no Centro Sociocultural de Vilariño (O Maño), edificio que foi naugurado no día de onte.
José Andrés Lojo, concelleiro de participación cidadá, destacou que desde o concello apoiaron desde un principio a idea presentada pola ONG barbancesa, porque encaixa perfectamente coas políticas que se queren levar a cabo dende o equipo de goberno e pretende que esta sexa a primeira dunha longa lista de actividades que se realicen para os
maiores nas distintas parroquias. Desde a administración local aportan o material e as instalacións.
Francisco Javier Gómez, coordinador da entidade social, resaltou que esta é unha iniciativa piloto, onde se medirá e avaliará o éxito, para no vindeiro curso ampliar a oferta e achegala a más parroquias do municipio. Salientou que se encaixa dentro do programa de dinamización de persoas maiores que oferta ABAS.
O alcalde, Xosé Lois Piñeiro, explicou que desde o concello se está facendo un gran esforzo en dotar a todas as parroquias duns centros sociais debidamente axeitados, pero non só dotalos de estrutura, hai que dotalos de contidos e vida, esta iniciativa é un claro exemplo e traballará para que ” a veciñanza sinta estas instalacións municipais como propias, como unha casa dos veciños e veciñas e que se enchan de actividades e fomenten a participación social nas distintas parroquias”. Por último quixo aclarar que debe ser o concello o que chegue a todos os lugares do termo municipal, máis aínda cando moitas das persoas maiores non dispoñen de medios para se poder desprazar, exemplo que xa puxeron en práctica cos concertos “ao son do ar” e que a oferta de ocio dirixida a este segmento de poboación ten que ser máis ampla que o Xantar dos Maiores. Felicitou á entidade
organizadora e desexoulles o éxito, para que no vindeiro curso os maiores de todo o municipio poidan desfrutar dunha ampla oferta de ocio.
No acto acompañounos a concelleira de deportes, Genoveva Hermo.
As persoas interesadas poden facelo a través de coordinador.abas.asoc@gmail.com, no
teléfono 669 999 302 ou mesmo na Casa Consistorial. As prazas son limitadas para un axeitado aproveitamento do curso.
