Convocada a ruta de tapas gastronómica en Ribeira

02 Febreiro 2020

Enmarcado dentro do Entroido 2020, o Concello de Riveira en colaboración coa hostalaría de Riveira organiza unha ruta de tapas polos locais hostaleiros adscritos a esta iniciativa. Será o domindo día 1 de marzo, en horario de 12.00 h a 15.00 e cun custo de 2,50 € cada tapa. A ruta de tapas gastronómica realizarase conforme ás seguintes bases: PRIMEIRA.- Poderán participar neste concurso todos os establecementos de hostalería e restauración do Concello de Riveira que se adscriban a este proxecto. A inscrición nesta ruta supón a aceptación das presentes condicións de participación, así como de eventuais instrucións que adopte a organización. SEGUNDA.- A temática é preferiblemente o Entroido (uso de produtos de entroido como orellas, chourizo, cocido, melindes,…) dispoñendo neste ámbito os locais participantes de total liberdade creativa. TERCEIRA.- Para participar nesta ruta os locais hostaleiros deberán inscribirse antes das 23:59 horas do día 10 de febreiro de 2020 nos seguintes contactos: INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Tel.: 686 58 70 00; sanroqueturismo@gmail.com CUARTA.- Os locais recibirán material de difusión sobre a ruta, papeletas e cartelería. QUINTA.- Haberá un único premio para os locais hostaleiros participantes, que consistirá nun agasallo conmemorativo e nun diploma que se outorgará polo recoñecemento á mellor tapa do Pequeno Entroido 2019. SEXTA.- As votacións serán emitidas por votación popular a través da clientela dos establecementos participantes, emitindo o seu voto nas papeletas que haberá en cada local que tome parte desta ruta. Resultará gañador o establecemento que obteña o maior número de votos tras o reconto do xurado. A organización porase en contacto co establecemento premiado como a mellor tapa do Pequeno Entroido 2019. SÉPTIMA.- Antes do 15 de marzo realizarase nas dependencias do Concello o reconto de papeletas. Ao finalizar o reconto, asinarase a correspondente acta co resultado das votacións. A entrega de premios terá lugar no mes de marzo de 2020, na data, lugar e hora que a organización de concurso determine, o cal será comunicado aos participantes e a opinión pública en xeral. OITAVA.- O evento será publicado nas diferentes redes sociais e páxinas web. O nome dos establecementos participantes figurarán nos folletos de difusión ao público en xeral. NOVENA.- A participación na devandita ruta de tapas supón a aceptación das presentes bases así como a aceptación do criterio que estableza a organización para resolver cantas cuestións se producisen durante o desenvolvemento do evento. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, a organización informa que os datos que se faciliten para participar nesta promoción, xunto cos que se comuniquen no caso de resultar premiado, son necesarios para participar na promoción e serán destruídos unha vez finalizada a mesma. Calquera dúbida será atendida polo Concello de Riveira.

Outros artigos

Incendiados catro colectores en Aguiño

Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira foron alertados esta noite dun incendio que afectaba a varios colectores en Aguiño, no concello de Ribeira. Víronse afectados catro colectores que quedaron completamente calcinados. As lapas danaron tamén, en menor medida,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión