Cinco estudantes da Aula Galega de Saxofón participarán no Mallorca Saxophone Festival

19 Febreiro 2020

Esta pasada fin de semana produciuse un novo encontro da Aula Galega de Saxofón. O mestre Rodrigo Vila ofreceu un concerto no salón de actos do Conservatorio ribeirense no que incluía transcricións e pezas orixinais para saxofón alto e soprano. Así, o público asistente tivo a oportunidade de escoitar obras de Johann Sebastian Bach, Luciano Berio, François Rossé e Javier Girotto.

O próximo encontro celebrarase en marzo, o cal contará tamén con concertos. Nesta ocasión, a pianista I-An Chen desprazarase ata Ribeira e acompañará ao alumnado da Aula e ao propio Rodrigo Vila os días 19 e 20. Unha semana despois, cinco estudantes viaxarán ata o Mallorca Saxophone Festival para participar cun concerto na ‘Tribuna de Jóvenes Intérpretes’ de dito certame.

Outros artigos

O Concello de Ribeira dota ao porto de Aguiño dunha marquesiña

A veciñanza da parroquia de Aguiño xa dispón dunha marquesiña nas inmediacións do porto despois de que a brigada municipal de obras procedese coa súa fabricación e colocación. O Concello de Ribeira dá así resposta a unha demanda veciñal dilatada no tempo para protexer...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...