Aprobado o inicio da tramitación para a contratación da nova estación de autobuses de Ribeira

24 Febreiro 2020

O Concello ribeirense vén de comunicar o inicio da tramitación administrativa dirixida á contratación da nova estación de autobuses de Santa Uxía que se vai emprazar no entorno do mercado municipal, fronte á praza Heroínas de Sálvora. Concretamente, iniciáronse os trámites para encargar a construción da pérgola que, cunha lonxitude de 67’75 metros, servirá de apeadoiro e, tal e como manifestan, “está chamada a ser un novo elemento singular e característico no municipio.”

A infraestrutura estará conformada por cinco grandes bóvedas en forma de tella -de 14’35, 13’14, 11’56, 14’91 e 13’79 metros de longo-, con alturas que oscilan na parte superior entre os 4’15 e os 4’65 metros. Os arquitectos responsables da mesma, Santiago Rey Conde e Ismael Ameneiros Rodríguez, defínena como “un deseño atemporal, non lineal, con zonas de espera sentadas, espazos abovedados que amplían o espazo, formas alargadas que permiten proxección a gran cantidade de xente.”

A pérgola estará orientada lonxitudinalmente en sentido norte-sur para minimizar a exposición  aos ventos do sur. Así mesmo, contará con viseiras de protección a leste e oeste que tamén protexerán fronte aos ventos ao tempo que ofrecen zonas de espera cubertas para os autobuses.

No que respecta aos materiais, empregarase formigón coloreado, ademais de inserir lucernarios de vidro circulares para aportar luz natural e un revestimento exterior con elementos cerámicos para protección das cubertas e impermeabilización, maior resistencia ao ambiente mariño e como imaxe característica do conxunto.

Ademais, o proxecto técnico inclúe a introdución de vexetación para a mellora de condicións ambientais e mobiliario urbano que axude a dar carácter e definir os espazos, emprazados sobre unha superficie de 1.300 metros cadrados no remate da avenida do Malecón.

O prazo de execución desta obra ascende a nove meses e o seu orzamento é de 298.000 euros, IVE incluído.

Cómpre lembrar que, xunto a esta intervención, tamén está prevista unha consistente na remodelación dunha das naves portuarias próximas ao apeadoiro co obxectivo de atribuírlle un novo uso para despacho de billetes, aseos e outros servizos, incluíndo unha cafetería.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.