Aprázase até o 7 de marzo o desfile de carrozas de Entroido de Taragoña

27 Febreiro 2020

O Entroido de Rianxo vai continuar esta fin de semana e, por mor das inclemencias climáticas previstas (entran novos temporais), tamén a seguinte. Así nolo vén de confirmar a veciñanza de Taragoña que, en colaboración co Concello de Rianxo, organizaba este sábado 29 de febreiro o seu tradicional desfile de carrozas (acompañado dun completo programa de música tradicional con Estroupele e Lusco e Fusco, de obradoiros e de inchables, no Campo de Pasos a partir das 17.00 horas), que tivo que ser adiado para o sábado 7 de marzo (se o tempo tamén o permite) polo aviso de mal tempo.

Pola contra, o que si que se mantén é a festa do Entroido en Araño (Rianxo), coa Festa do Cocido prevista para as 21.30 horas no Centro Cultural de A Capela, que inclúe cea e baile. Esta cita está organizada pola Asociación A Carballeira de Baia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.