Andrés Vázquez Romero achegou un recital de guitarra clásica en Ribeira

11 Febreiro 2020

Este luns 10 de febreiro celebrouse no Conservatorio de Música Profesional de Ribeira (o Conservatorio Enrique Paisal) un recital de guitarra clásica a cargo do músico Andrés Vázquez Romero. A cita musical, á que asistiron alumnos do conservatorio, profesores e público en xeral, formou parte da preparación do seu concerto de fin de estudos no Conservatorio Superior da Coruña. O concerto tamén contou coa presenza do concelleiro de Educación, Juan Brión, e a primeira tenente de Alcalde, María Sampredro. Quen queira descargar un fragmento da actuación con Andrés Vázquez Romero pode facelo a través desta ligazón específica de Dropbox.

Andrés Vázquez Romero (Noia, 1994) estudou interpretación de guitarra clásica no Conservatorio Profesional de Música Felipe Paz Carbajal da man de Serafín M. Fernández durante os graos elemental e profesional. En 2015 accedeu ao devandito Conservatorio Superior de Música da Coruña, onde se atopa rematando os estudos do itinerario de guitarra baixo a tutela de Eulogio Albalat. Ten asistido a clases maxistrais de Alex Garrobé (2016) e Michalis Kontaxakis (2018).

O programa da actuación en Ribeira incluíu interpretacións da Homenaxe a Toulouse-Lautrec de Eduardo Sainz de la Maza, a GrandOuverture de Mauro Giuliani, e máis a Sonata Op. 61 de Joaquín Turina.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.