Amplíase ata o 7 de marzo a estadía da mostra Mis etapas no Lustres Rivas

28 Febreiro 2020

A exposición Mis etapas do pintor noiés Manuel Romero permanecerá maior tempo do previsto no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira, ao ampliarse a súa duración ata o 7 de marzo, debido a que, tal e como manifestan desde o Concello, tras o recente falecemento do artista se producise “un sensible repunte no número de visitas e se recibisen demandas para que se prolongase uns días máis.”

No transcurso da próxima semana, as visitas poderán realizarse de luns a xoves, en horario de 10.00 a 14.00 horas, así como o venres e sábado, de 10.00 a 14.00 e de 19.00 a 21.00 horas.

Cómpre lembrar que a exposición está integrada por 26 obras -23 óleos e 3 esculturas- creadas por un autor que se formou en Londres, man a man con xenios recoñecidos da arte contemporánea mundial tales coma David Hockney ou Lucian Freud.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.