Amicos súmase á celebración do Entroido

21 Febreiro 2020

Con motivo do inicio do Entroido, os usuarios e usuarias da Asociación Amicos decidiron festexar estas datas e lucir os disfraces que estiveron preparando os pasados días, ademais de engalanar as instalacións coas súas creacións. Como cada ano, constituíndo esta a décima edición consecutiva, desenvolveuse un desfile no que puideron concursar todos aqueles que así quixeron para captar a atención do xurado e obter algún dos premios. A novidade deste 2020 foi o concurso de comparsas, composta por tres grupos: policías e cacos, pallasos e astronautas e extraterrestres.

Debido á dificultade que tivo o xurado para elixir un único gañador, o primeiro galardón da modalidade individual repartiuse entre dous participantes, Carolina e Domingo, disfrazados de espantallo. O segundo posto recaeu en Adrián, vestido de soldadiño de chumbo; mentres que o terceiro foi para Roberto, como Robin Hood. Por outra banda, a comparsa distinguida foi a de policías e cacos, aos que non lles faltou detalle dispoñendo de carro propio para que os ladróns non escapasen.

Unha vez finalizado o concurso, puideron desfrutar dunha comida típica destas datas, incluíndo cocido, rosquillas e filloas. Xa pola tarde, teñen lugar diferentes actividades de lecer tales coma karaoke, baile e xogos populares, entre outros.

A Asociación Amicos sempre organiza festas desta índole, como sucede co Nadal, Samaín, San Xoán, etcétera. Segundo manifestan, o obxectivo é fomentar o espírito de grupo ao tempo que se fan partícipes aos usuarios da súa contorna social, tamén no aspecto lúdico e avanzar cara a plena integración social das persoas con discapacidade.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.