Alumnos da Escola Naútico-pesqueira de Ribeira visitan as instalacións da Armada en Ferrol

29 Febreiro 2020

Alumnos da Escola Oficial Náutico- Pesqueira de Ribeira, dependente da Consellería do Mar, visitaron esta semana as instalacións da Armada española en Ferrol para coñecer os distintos equipamentos cos que
conta e poder complementar así a súa formación no eido marítimo. Os estudantes, arredor duns 30 pertencentes aos ciclos formativos de grao medio e superior de ponte e máquinas, puideron coñecer xunto a varios profesores as distintas funcionalidades das instalacións grazas ás explicacións dos profesionais da Armada.
Os alumnos fixeron un percorrido polos distintos departamentos -ponte, cuberta, máquinas e centro de información e combate, ente outros- da fragata Blas de Lezo e coñeceron tamén as actividades que se realizan na Escola de Especialidades da Estación Naval da Graña (Esengra). Neste centro asistiron á visualización dun caso práctico no simulador de ponte e
navegación que consistiu na saída dun buque de guerra da ría de Ferrol.
A xornada no arsenal militar de Ferrol tamén serviu para coñecer as instalacións da Escola de Especialidades Antonio Escaño, entre as que se atopan un centro de instrución e seguridade interior, un módulo de simuladores de sistemas de control de plataforma, un módulo de motores e turbinas e outro para ensinanzas propias de operacións e sistemas,
como as comunicacións e as tecnoloxías da información.
Esta visita enmárcase na colaboración existente entre a Consellería do Mar e a Armada, que tamén permite outras actividades como a oferta dun curso de Formación Básica en Protección Marítima que imparten todos os anos instrutores do Terzo Norte de Infantería de Mariña. Esta formación, impartida por persoal con experiencia no campo da protección,
serve aos alumnos para realizar exercicios e prácticas relacionadas con supostos de roubos a man armada ou coa piratería, como os rexistrados en augas do Índico.

Ese curso está destinado a incrementar a protección marítima mediante a toma de conciencia e mantemento das condicións fixadas nos plans de seguridade, recoñecer os riscos e ameazas, comprender as necesidades de manter a vixilancia a bordo, realizar inspeccións periódicas e utilizar os equipos e sistemas de protección axeitados.

A maiores, o Centro de Apoio ao Recrutamento da Armada de Ferrol adoita visitar todos os anos a escola de Ribeira para ofrecer unha conferencia sobre o funcionamento da Armada e as saídas profesionais que esta institución militar ofrece ao alumnado.

Alumnos da Escola Naútico-pesqueira de Ribeira visitan as instalacións da Armada en Ferrol
Alumnos da Escola Naútico-pesqueira de Ribeira visitan as instalacións da Armada en Ferrol

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.