Alumnado ribeirense celebrou con teatro o Día de Rosalía

18 Febreiro 2020

Máis de cincocentos estudantes de Primaria en diferentes centros educativos do municipio de Ribeira conmemoraron hoxe o Día de Rosalía cun espectáculo teatral ofrecido por Xarope Lulú.

Baixo o título Rilla Rilla, a función contou con dous pases no Auditorio municipal: ás 10.00 e ás 12.00 horas. Ao finalizar o espectáculo, reflexionouse sobre a figura de Rosalía, lendo en común o seu poema ‘Cantarte hei, Galicia’, de Cantares Gallegos, e rematando co ‘Parabéns para ti’ como celebración deste aniversario.

Cómpre lembrar que o Día de Rosalía conmemórase cada 24 de febreiro, data do seu nacemento en 1837. Este ano decidiuse adiantar esta actividade educativa ao cadrar co Entroido, un período non lectivo.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.