A Xunta salienta a implicación de Amicos a prol das persoas con diversidade funcional

27 Febreiro 2020
Cedida por Asociación Amicos

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, visitou esta mañá as instalacións de Amicos situadas no concello de Boiro. Alí destacou o labor que esta asociación realiza na comarca do Barbanza a través dos seus centros e programas en diferentes municipios da zona.

Carmen e Javier exerceron de guías durante a visita e estiveron acompañados da presidenta da Asociación Amicos, Esther Vidal; do director xeral da referida entidade, Xoán España; da concelleira de Servizos Sociais de Ribeira, Ana Ruiz; e de familias de usuarios.

En ExpresArte, o taller de expresión artística que se estaba levando a cabo no día de hoxe, obsequiaron a Ildefonso de la Campa cun retrato elaborado por eles mesmos a través do collage.

Cedida por Asociación Amicos
Cedida por Asociación Amicos

Na súa intervención, Esther Vidal deulle as grazas ao director xeral pola súa asistencia e aproveitou a ocasión para solicitar máis apoio no aumento de prazas.

Pola súa parte, Ildefonso de la Campa puxo en valor a importancia de que as administracións colaboren coas diferentes entidades sociais ao ser as que mellor coñecen as necesidades e propostas das persoas usuarias destes servizos. Neste senso, expresou o seu agradecemento a Amicos pola súa implicación e disposición a colaborar.

Así mesmo, familiares de usuarios expuxeron as súas inquedanzas sobre o futuro dos seus fillos e fillas, ademais de preguntar polas alternativas que ofrece a Xunta de Galicia.

Cedida por Asociación Amicos

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.