A Xunta inicia a ampliación da depuradora de Rianxo

29 Febreiro 2020

A Xunta está a iniciar as obras de ampliación da Estación depuradora de augas residuais de Rianxo, cun investimento de máis de 7,5 millóns de euros.
A actuación impulsada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, ten por obxectivo adecuar a capacidade de tratamento destas instalacións ás necesidades reais e solucionar a problemática actual derivada do excesivo volume de augas residuais en rede e da súa carga contaminante.
Para conseguir esta dobre mellora, tanto da capacidade de tratamento como da eficiencia da depuradora, executarase unha condución de impulsión, a ampliación da propia Estación depuradora e, finalmente, conducións para o desaugadoiro.
Máis en concreto, construiranse dúas liñas de tratamento das augas independentes e cada unha recibirá a metade do caudal que pode tratar a instalación. Cada unha destas liñas contará cos seguintes procesos: tamizado, desarenado-desengrasado, tratamento biolóxico, desinfección por ultravioleta e liña de lodos.
Tamén contará cunha liña de pretratamento común para a totalidade do caudal.
Así mesmo, a execución das dúas liñas de tratamento farase en dúas fases distintas, o que permitirá que a depuradora actual funcione en todo momento.
Co remate destas obras e coa entrada en servido da depuradora, o núcleo de Rianxo contará coa capacidade de depuración suficiente para todo o caudal xerado na aglomeración. A planta depuradora terá unha capacidade total para 23.163 habitantes- equivalentes.

Cómpre lembrar que as obras de ampliación da depuradora de Rianxo completan as actuacións que se están a executar xa no tanque de tormentas e coa ampliación do novo colector, cun investimento de 6,5 millóns de euros.
O investimento total nestas actuacións para mellorar o saneamento e o sistema de depuración de Rianxo acadan un importe de 14 millóns de euros, e contan con financiación nun 80% do programa operativo europeo FEDER.
Estas actuacións permitirán así, non só mellorar o servizo de saneamento e depuración que se lle presta aos veciños de Rianxo, coa conseguinte mellora da súa calidade de vida, senón tamén, acadar unha xestión eficaz e eficiente da auga. Isto incidirá na mellora da calidade das augas da ría e na recuperación de zonas costeiras, algo esencial para a pesca, o
marisqueo e o turismo da zona.
Estas actuacións forman parte do Plan de saneamento local para a Ria de Arousa, un dos primeiros redactados desde a Xunta e marcou un fito importante na forma de abordar o saneamento das rías galegas.

Depuradora Rianxo

Outros artigos

O pleno da Estrada acorda o irmandamento con Rianxo

O pleno da corporación municipal da Estrada aprobou esta semana, por unanimidade, o irmandamento do Concello estradense co de Rianxo, municipios unidos simbólica e culturalmente pola parella que conformaron a estradense Virxinia Pereira Renda e o rianxeiro Alfonso...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.