A Xunta apoiou no Barbanza a 42 autónomos con mais de 104.000 euros

08 Febreiro 2020

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, informou da resolución do Bono Autónomo na área do Barbanza. Concretamente, nesta comarca recibiron, no 2019, estas axudas 42 persoas e as achegas totais foron de
máis de 104.000 euros para traballadores por conta propia dos concellos de Boiro, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes, Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira.
Ovidio Rodeiro destacou en relación coa convocatoria de axudas do Bono Autónomo, que “son partidas de ata 3000 euros para apoiar servizos e investimentos encamiñados á mellora da competitividade empresarial ou profesional dos traballadores por conta propia que conten cunha antigüidade superior aos 42 meses”.
A actuación contou con dúas liñas de axudas para mellorar a competitividade dos autónomos. Apoiarase, dunha banda, o desenvolvemento de servizos destinados á investigación de mercado e plans de marketing, comunicación, estratexia, crecemento, comunicación, refinanceamento ou reorientación do negocio, así como os dirixidos ao uso
das novas tecnoloxías. Tamén aprobaron axudas para outros estudos ou plans que teñan como fin incrementar a competitividade da actividade empresarial.
Financiáronse, doutro lado, investimentos relacionados coa compra de maquinaria, ferramentas, equipos informáticos ou rótulos; coa reforma do local; a posta en marcha de aplicacións informáticas e páxinas web ou a creación de logotipos do negocio.

Boiro recibiu 35.086 euros en 14 concesións, A Pobra 6.636 euros en 3 concesións, Rianxo 8.488 en tres concesións e Ribeira 14.509 euros en 6 concesións. O resto das axudas foron para autónomosde O Son, Noia, Loudame, Carnota, Outes e Muros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.