A sétima edición do BarbantiaRte comeza a quecer motores

19 Febreiro 2020
A mostra ao redor de Luís Seoane no Museo do Gravado de Artes

O Museo do Gravado de Artes, en colaboración coa A. C. Barbantia, organiza a sétima edición da exposición colectiva BarbantiaRte, a cal se celebrará nas instalacións da referida sala a partir do mes de marzo. O obxectivo desta mostra radica en que se represente a arte que se fai na comarca a día de hoxe, contribuíndo á difusión dos creadores.

Desde a organización manifestan que contemplan amosar todo tipo de disciplina artística: pintura, escultura, fotografía, gravado, banda deseñada, performance ou videocreación, entre outros. Tamén sinalan que resulta importante que estea enmarcada para facilitar a súa colocación coma, por exemplo, no caso de lenzos anchos.

Aínda que non hai medida nin temática establecida, solicitan que só sexa unha creación por cada artista e que non sexa anterior ao 2017.

Os interesados dispoñen ata o 10 de marzo para levar a súa obra física ao Museo. Así mesmo, coa finalidade de elaborar o catálogo da exposición, resulta preciso achegar unha fotografía da peza -concretamente, en formato .jpg e con boa calidade, mínimo 300 pp-, acompañada dunha ficha técnica onde figure o nome do autor ou autora, a técnica, as medias, o prezo -en caso de que se desexe poñer á venda- e unha pequena recensión ou texto do artista cunha extensión de 10-15 liñas. Isto último pódese ir adiantando vía enderezo electrónico, establecendo como data límite o 5 de marzo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.