A Policía Nacional desenvolve en Ribeira unha das maiores incautacións de dólares falsos en España

06 Febreiro 2020

A Policía Nacional vén de levar a cabo en Ribeira o que sería unha das maiores incautacións de dólares falsos introducidos en España, segundo informaron fontes do corpo, que explican a raíz da operación foron detidas oito persoas, aos que se lles interviñeron máis de 87.000 dólares.

A investigación policial comezou o mes de outubro, cando a Policía Nacional detectou a aparición de billetes falsificados e a súa introdución no circuíto financeiro “a través de diversas entidades bancarias de Ribeira e dalgunhas localidades das súas inmediacións”, explican as autoridades no comunicado, onde tamén se dá conta que as pescudas aceleráronse coa identificación dun mozo que resulto ser, finalmente, “a persoa máis activa da organización criminal”.

Máis tarde foron localizadas outras dúas persoas máis que resultaron ser as encargadas da introdución dos cartos falsos en diversas sucursais financeiras. A Policía Nacional descubriu que os billetes desta parella (un mozo e unha moza) correspondíanse cos introducidos previamente. As denuncias e as cámaras de seguridade das oficinas bancarias permitiron comprobar que, nalgúns casos, acudían en compaña para levar a cabo o cambio de divisas. Ademais, facían regularmente os ingresos nas súas propias contas das que eles mesmos eran os titulares.

Logo das análises efectuadas dos billetes chegouse á conclusión de que se trataba dun labor de falsificación “de moi boa calidade e difícil de detectar”, polo que foron catalogados como “de alto perigo”, constatando que procedían dunha imprenta situada fose das fronteiras españolas.

Tras outra fase de investigación que estableceu conexións con criminais no estranxeiro, a Policía Nacional foi quen de identificar a todos os membros da organización, que foron detidos en Ribeira e na súa contorna. Como dixemos, aos oito arrestados intervéuselles algo máis de 87.000 dólares estadounidenses.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.