A pobrense Casa da Mocidade abre as súas portas

28 Febreiro 2020

Durante todo o día de hoxe desenvolvéronse numerosas actividades na Casa da Mocidade para celebrar a súa posta en marcha e dar a coñecer as instalacións e material alí dispoñible. Neste senso, alumnado do IES da Pobra do Caramiñal visitou o inmoble ao longo desta mañá, amosando o seu interese. Pola tarde houbo xornada de portas abertas do FabLab e aula multimedia; ademais de talleres e exhibicións de break dance, DJ e grafitti. E, pola noite, quenda dos concertos a cargo de Emm Thafor, Break Out e Rockolas.

Algunhas das persoas que se achegaron ata o referido edificio animáronse a practicar break dance, descubrir o mundo da arte urbana e, incluso, deseñar e fabricar diversas pezas coas impresoras 3D.

A Casa da Mocidade está habilitada na primeira planta do antigo restaurante O Lagar. Trátase dun inmoble de 265’40 metros cadrados divididos en catro áreas principais. A multiusos, de 108’80 metros cadrados, está dedicada ao ocio, actos culturais e calquera evento que poda deseñar e pensar a propia xuventude. Na sala de traballo, de 24’55 metros cadrados, que funciona tamén como aula de informática libre con wifi, os usuarios poden estudar, reunirse, levar os seus propios ordenadores ou facer uso duns cantos alí dispostos. Na zona de FabLab, de 45’30 metros cadrados, sitúanse unha serie de ferramentas e maquinaria relacionada coa fabricación e elaboración de materiais por parte dos usuarios. Así, unha parte é máis tecnolóxica con impresoras 3D e equipos máis modernos; e a outra conta con material típico dun taller. E na cuarta sala, de 28’25 metros cadrados, localízase a maquinaria máis pesada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.