A Pobra despide o seu Entroido co enterro do Felipiño do Maño

27 Febreiro 2020

O Entroido chega ao seu fin e toca despedilo como se merece. Así, o sábado 29 procederase co enterro do Felipiño do Maño, organizado por veciños e veciñas do lugar, en colaboración co Concello da Pobra do Caramiñal. Contribúese así á posta en valor dunha tradición, á cal non lle faltará detalle. Ao acto de presentación deste evento asistiron o alcalde Xosé Lois Piñeiro; a concelleira de Turismo, Charo Varela; e Pastor Lago, en representación da organización.

A edil Charo Varela referiuse á importancia desta tradición polos seus anos de historia, ademais do seu significado. Tamén apuntou que o cortexo fúnebre sairá desde o campo de Cabío, ás 19.00 horas, e fixo un chamamento para que a cidadanía se sume a esta cita tan característica que contará con choronas, viúvas e amantes do peculiar personaxe.

Pola súa parte, Pastor Lago expresou que se trata dunha cita “entre as risas e as choras”, poñendo de manifesto o compoñente humorístico deste enterro con representacións que cualificou como “espectaculares.” No que respecta ao itinerario, procederase a percorrer as diferentes rúas do Maño unha vez se efectúe a saída para, a continuación, dirixirse á ponte de san Antón para sumarse ao resto de veciñanza das distintas parroquias do municipio. De seguido, proseguirán por distintos emprazamentos do casco urbano da localidade e, en honor ao Felipiño, pararán naqueles lugares onde se lles ofreza bebida. Finalmente, realizarase a queima na rampla do peirao, onde a praia dos Areos, pasada a medianoite.

Na súa intervención, o rexedor agradeceu o traballo dos organizadores para a recuperación desta tradición, da cal afirmou que “xa se está de novo consolidando como unha programación importante dentro do Entroido da Pobra.” Ademais, avanzou que a comitiva irá acompañada musicalmente do grupo de gaitas Trécola e a charanga Eravisto.

A Policía Local e Protección Civil encargaranse de que este evento discorra en condicións de seguridade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.