A música tradicional galega marca o inicio das celebracións do Entroido en Boiro

05 Febreiro 2020

Este venres 7 de febreiro temos unha cita en Boiro coa música galega e coas raizames, ben fondas, desta parte tan importante da nosa identidade. A novena edición do Encontro de Música Tradicional celébrase a partir das 20.00 horas no Centro Social, e forma parte da programación local de actividades para celebrar outra vertente galega que vén de antigo: o Entroido.

Contará coa presenza de Queicoa (banda de Noia creada en 2016 da man do profesor Fernando Docampo) e de Abeloura (agrupación boirense con sede en Cespón, abeirada á asociación do mesmo nome), ás que cómpre engadir, no cartel, as seguintes bandas de música tradicional galega: Xoaniñas, Os da Boina, Chorima, O Son das Ferreñas e máis os Combos da Escola de Música de Boiro (EMB). A romaría musical vén da man, precisamente, da EMB, xunto co Concello de Boiro e Sonaxe.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...