A mostra Mis Etapas recibe a visita de alumnado de Aguiño e Carreira

18 Febreiro 2020

Máis de 120 estudantes dos colexios de Aguiño e Carreira asistiron esta mañá ao Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira coa finalidade de coñecer a exposición Mis Etapas, do noiés Manuel Romero, quen faleceu recentemente.

A rapazada realizou a visita guiada repartida en dúas quendas: unha primeira composta por 76 alumnos do CEIP Heroínas de Sálvora e unha segunda con 47 do CEP de Carreira. O encargado de ofrecerlles o percorrido pola obra do nomeado artista foi Elías Romero Tubío, estudante de Historia da Arte en prácticas no Concello ribeirense.

A referida mostra consta de 23 óleos e 23 esculturas, permanecendo aberta ao público ata o 29 de febreiro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.