A Garda Civil incluíu Ribeira nos seus dispositivos de tráfico polo Entroido

26 Febreiro 2020

A Garda Civil desenvolveu estes días unha serie de dispositivos especiais de control de consumo de bebidas alcólicas e drogas con motivo da celebración do Entroido nunha manchea de localidades galegas, entre as que se atopaban (no que respecta á provincia da Coruña) as cidades de Ribeira, A Coruña, Narón e Santiago. Os operativos, levados a cabo en colaboración coas Policías Locais dos ditos concellos, deron comezo ás 00:00 horas do pasado día 22, finalizando ás 07:00 horas deste mércores 26 de febreiro. Establecéronse un total de 176 puntos de verificación de condución baixo a influencia de bebidas alcohólicas e /ou sustancias estupefacientes, controlando a máis de 6.467 condutores.

O balance do mencionado dispositivo especial foi o seguinte:

· 13 condutores investigados como supostos autores dun delito contra a seguridade viaria, ao conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas, 12 deles tras realizar a proba nos dispositivos e o outro tras sufrir un accidente.

· 114 denuncias administrativas por conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas, das cales 3 confeccionáronse tras efectuar a proba a condutores despois de sufrir un sinistro.

· Até 7 denuncias administrativas a condutores por conducir con presenza de sustancias estupefacientes no seu organismo.

· Até 9 condutores investigados por carecer de permiso de condución vixente por sentenza xudicial, ter esgotado o crédito de puntos por resolución firme ou non obtelo nunca.

Outros artigos

O Concello de Ribeira amosa a súa solidariedade con Adamuz

Sumándose á convocatoria realizada pola FEGAMP, membros da Corporación municipal e traballadores do Concello de Ribeira gardaron un minuto de silencio ás 12.00 horas deste luns 19 de xaneiro como mostra de recordo e agarimo polas vítimas mortais, os feridos e as...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.