A Academia Erea celebrou unha gran festa de inauguración en Ribeira

04 Febreiro 2020

A mestra e pedagoga Irene Crujeiras González inaugurou este domingo en Ribeira as céntricas e modernas instalacións da nova Academia de Ensino Erea, emprazada no número 1 da rúa de Lugo. A apertura do centro de formación, unha concorrida celebración na que se deron cita persoas de todas as idades, incluíu actividades de lecer para as nenas e nenos participantes, que tiveron ocasión de estimular a súa creatividade con obradoiros de globoflexia.

Segundo detallou a propia Irene Crujeiras, a academia acolle diferentes estancias para achegar formación e apoio a escolares de diferentes idades: aulas de Infantil, de Educación Primaria, de Educación Secundaria Obligatoria e máis de Educación Especial.

Asemade, a Academia Erea tamén ofrece no seu programa de actividades obradoiros para adultos e para favorecer a súa inclusión social, a súa autonomía, a súa empregabilidade e, tamén, a adopción de dinámicas cognitivas saudábeis. Estes obradoiros abordarán temáticas diversas, como poden ser o reforzamento da memoria, a cultura xeral, as técnicas para mellorar a ortografía ou os métodos máis axeitados de formación en novas tecnoloxías.

A academia quere poñer o foco na atención e o apoio personalizados, de aí que teña programado apostar, no seu día a día, por grupos reducidos, atención individualizada e horarios flexíbeis. Quen desexe máis información sobre a actividade deste centro de formación, pode acudir en persoa ás súas dependencias da rúa Lugo de Ribeira (1B, 1) ou chamar ao teléfono 604078109.

Outros artigos

Ribeira e Santiago encabezan a vaga de solidariedade co pobo de Ceuta

A praza do Obradoiro congregou a centos de persoas diante de Raxoi, mentres que a veciñanza ribeirense respondeu á chamada institucional fronte á casa consistorial. Os actos enmarcáronse na convocatoria estatal da FEMP ante a crise migratoria e social que atravesa a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.