A editorial “Grupo Código Cero Comunicación” e as nosas publicacións “O Barbanza”e “Código Cero” e as nosaswebs “codigocero.com”,”codigo.gal”
e “obarbanza.gal” únense á celebración do Día dos Medios en Galego. Facémolo co gallo da saída da primeirapublicación xornalística realizada integramente en galego, “O Tío Marcos d’A Portela”, en 1876.Un “Día”ratificado por unha declaración conxunta de todos os partidos con
representación no Parlamento Galego o propio 7 de febreiro de 2018.Un Día que serve á entidade de fío condutor para realizar as campañas de sensibilización e concienciación da necesidade de manter medios que manteñen viva e útil o noso idioma.Para celebrar o día, realizamos hoxe unha Gala do Día dos Medios en Galego. Este ano o acto terá lugar en Carballo. Este 2020 a promotora da celebración, a Asociación de Medios en Galego AMEGA (www.mediosengalego.gal) une esforzos en Carballo, onde organizará un novo acto para visibilizar a importancia e a necesidade de que os medios comuniquen na nosa lingua e darlle luz aos máis de 100 medios que hai en activo (incluíndo revistas especializadas, tanto dixitais como impresas) contanto, en galego, o que pasa no noso país. .
A cita terá lugar en Carballo hoxe venres 7 de febreiro, a partir das 20:30h no Casino1889, unha entidade cultural centenaria, rexurdida pola mocidade carballesa neste último lustro. O acto será presentado, en clave
regueifeira, por Lupe Blanco, estará amenizado por Avelino González, e
contará a participación de representantes da Secretaría Xeral de Política
Lingüística, da Deputación da Coruña e do Concello de Carballo, colaboradores do evento.
Despois duns petiscos, pechará o acto a banda muradá Terbutalina,
cun magnífico concerto, rememorando aquela Gala de 2011 celebrada en Compostela onde a banda colaborara coa AMEGA no marco da campaña Vitaminas para o Galego.
En 2018 celebrouse en Barallobre (Fene), na que interviron 25 persoas relacionadas coa nosa cultura e cos medios. En 2019 a Gala tivo lugar en Pontevedra, e contou coa presencia de Touriñán e Ugia Pedreira. Un evento que nos serviu para “sacar peito” e fachendear de coidar a nosa lingua, de ennobrecela a través de usala, de darlle máxima utilidade.Se ben a AMEGA formámola arredor de 60 medios (radios, edicións impresas, xornais dixitais…) vimos de contrastar que hai activos máis de 100 medios (incluíndo revistas especializadas, tanto dixitais como impresas) contanto o que pasa no noso país.
Estudantes de 4.º da ESO do IES N.º1 de Ribeira participaron recentemente nunha actividade do Programa de Ciencia Cidadá sobre Lixo Mariño do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), consistente na limpeza da praia de Coroso....
O Concello de Boiro está a levar a cabo as obras para a conversión a céspede artificial do Campo de Fútbol da Mina, en Lampón. Nesta semana realizouse o pavimentado da superficie de xogo para a instalación do tapiz de herba artificial. As actuacións que se están a...
A Asociación Rianxeira de Empresas (ARE) está a incendiar as redes sociais cunha nova campaña viral presentada baixo o lema En Rianxo non hai nada destinada a xerar debate sobre o presente e o futuro da vila e da súa contorna e sobre o papel que xogan veciñanza,...
Diferentes actos institucionais organizados esta semana en Costa da Morte e na ría coruñesa puxeron o foco na contribución das mulleres ao sector marítimo-pesqueiro, coincidindo coa conmemoración do Día da Muller do Mar. En Ribeira, o Concello anunciou que o luns 18...
Hay gestos que no caben en ningún titular y que, sin embargo, sostienen el mundo mejor que cualquiernorma. Son gestos de manos. De aguja. De hilo enhebrado con paciencia en muchas tardes, mientras afuerael pueblo continúa con su rutina, persianas a medio abrir y...
Nun acto organizado por AlumniUSC e celebrado na facultade compostelá de Filosofía, unha charla-concerto en memoria de Begoña Caamaño e do seu legado, Francisco Castro recordoulles aosasistentes un feito do que se debe falar e presumir, polo seu interese social e por...