17 ofertas para a mellora de pluviales da rúa Bos Aires en Corrubedo

08 Febreiro 2020

Un total de dezasete ofertas foron presentadas durante á licitación da actuación consistente no reforzo da rede de pluviais e á ampliación do saneamento da rúa Buenos Aires, único vial de entrada á parroquia de Corrubedo. A zona onde se centra esta obra non ten a día de hoxe suficiente capacidade para recoller toda a auga superficial cando se danchuvias intensas, o que motiva que se produzan acumulacións de auga na calzada. Ademais, algúns tramos da rúa carecen de saneamento. O proxecto técnico elaborado polo Concello persegue por unha parte a mellora da rede de drenaxe da rúa Buenos Aires e por outra a ampliación da rede na marxe esquerda do vial. No que respecta ao primeiro aspecto, instalarase un colector de PVC SN8 corrugado de 400 milímetros de diámetro e 188 metros de longo, ademais de 17 pozos de rexistro. En canto ao saneamento, instalarase unha tubaxe SN4 de 315 milímetros de diámetro e 120 metros de longo, así como 4 pozos de rexistro e 12 acometidas domiciliarias. As obras teñen un orzamento de 57.781 euros, IVE incluído, e adscríbense ao Plan de Aforro e Investimento (PAI) da DeputaciónProvincial da Coruña. Contan cun prazo de execución de tres meses.

Corrubedo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.