Volve o temporal con fortes refachos de vento e intensas precipitacións

16 Xaneiro 2020

Logo da xornada de calma deste mércores, amencemos este xoves 16 con mal tempo na comarca, protagonizado por un novo novo temporal con ventos do sur e do suroeste que poden ter picos de forza 8 e con aviso de precipitacións que poden chegar aos 90 mm recollidos nun período de 12 horas. Por estes motivos, a Xunta decretou a alerta laranxa costeira nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra.

Novamente, suspéndense as actividades no exterior nos centros educativos da totalidade das ditas provincias e tamén as actividades deportivas ao aire libre nestas zonas, onde se esperan refachos de máis de 100 quilómetros por hora, que afectarán a partir de mañá á totalidade da provincia da Coruña e tamén a Pontevedra e á Mariña de Lugo. No resto da comunidade o nivel de alerta será amarelo con refachos de ata 95 quilómetros por hora.

Como vén sendo costume nestes casos e co fin de “garantir a seguridade dos bens e as persoas”, a Xunta lembra que, co vento, o mobiliario urbano pode desprazarse e os restos de árbores e pólas que puideron caer á vía poden condicionar a circulación. Tamén se lle recorda á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras e evitar pasar preto de edificios en ruínas, en construción, árbores, paneis publicitarios e obxectos susceptíbeis de desprazarse co vento.

Ante as fortes chuvias, aconséllase “circular con precaución e informarse antes do estado das estradas, non atravesar zonas inundadas ou que poidan chegar a asolagarse (pontes, torrentes, etc.), non aparcar nas ribeiras dos ríos e non utilizar vehículos lixeiros nin de pouca estabilidade (bicicletas ou ciclomotores)”.

Debido ao temporal costeiro, lémbrase a importancia de ficar “lonxe da liña de costa e das praias e paseos marítimos co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos”.

Por mor da alerta laranxa no litoral, tamén se aconsella a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Lo que dicen y lo que realmente hay”.  José Fernández Lago

“Lo que dicen y lo que realmente hay”. José Fernández Lago

Los estamentos de poder proclaman a grandes voces que hemos progresado mucho, que en ningún momento de nuestra historia habíamos llegado tan alto… El caso es que, si vamos a comprar lo que se necesita para nuestra alimentación, aun sin adquirir materiales de lujo,...

“El discurso de Liliana Sáenz”. Mario Clavell

“El discurso de Liliana Sáenz”. Mario Clavell

Es la oración fúnebre que esta rapaza pronunció al final del funeral en Huelva por las víctimas de Adamuz. Hay discursos memorables en el género oratorio y yo añado el que pergeñó esa hija de una de las víctimas del accidente ferroviario. Mostró ánimo muy grande y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.