Vinteunha propostas presentadas para a pavimentación e instalación de pluviais en dúas vías de Corrubedo

28 Xaneiro 2020

Un total de vinteunha propostas foron presentadas a unha nova actuación no concello de Ribeira que permitirá a pavimentación e instalación de rede de pluviais na zona coñecida como Pedra do Pino, na parroquia de Corrubedo, dándolle continuidade á implantación de saneamento desenvolvida o ano pasado. Hoxe, martes 28, tivo lugar o acto público de apertura de ofertas por parte da mesa de contratación.

A intervención comprende dúas vías, unha con pavimento de terra e outra con aglomerado asfáltico en mal estado e con sobreanchos en terra ata os peches contiguos.

O proxecto técnico elaborado polos servizos do Concello inclúe a instalación dunha rede para drenaxe de pluviais consistente en dúas tubaxes de 315 milímetros de diámetro e 156 e 250 metros de longo que descorrerán polo centro da calzada na vía principal que enlaza por un lado coa estrada de entrada ao pobo e por outro coa rúa Delicias. En canto á outra vía, a solución adoptada é a construción de cunetas. No que se refire á pavimentación, realizarase con aglomerado asfáltico en quente nunha superficie de 3.841 metros cadrados, incluíndo os sobreanchos. Ademais, nunha determinada zona construirase un tramo de 125 metros de longo de beirarrúas a base de baldosa hidráulica e bordillo prefabricado de formigón.

O prazo de execución son tres meses e as obras comportan un investimento de 118.133’85 euros, IVE incluído, financiadas no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+2018.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.