Vinteunha ofertas presentadas para a pavimentación e instalación de pluviais en O Vilar

30 Xaneiro 2020

Un total de vinteunha ofertas presentáronse para a actuación consistente na pavimentación e a instalación dunha rede de pluviais no núcleo de O Vilar, situado na parroquia ribeirense de Carreira.

Na actualidade, as rúas onde se efectuará a intervención son de formigón, as cales presentan danos tales coma disgregacións ou socavóns no firme. Para corrixir esta situación, redactouse un proxecto que inclúe a pavimentación con formigón pulido intercalado con franxas de adoquín de formigón nunha superficie de 1.355 metros cadrados, previa demolición do firme actual; e a instalación dunha tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro e 132 metros de longo para augas pluviais, ademais da construción de 4 pozos de rexistro e 6 arquetas sumidoiro.

O prazo de execución son tres meses e o importe da actuación ascende a 74.057 euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+2018.

Outros artigos

O Concello de Ribeira amosa a súa solidariedade con Adamuz

Sumándose á convocatoria realizada pola FEGAMP, membros da Corporación municipal e traballadores do Concello de Ribeira gardaron un minuto de silencio ás 12.00 horas deste luns 19 de xaneiro como mostra de recordo e agarimo polas vítimas mortais, os feridos e as...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.