Vinte e oito persoas formáronse en dous cursos organizados polo Concello ribeirense

03 Xaneiro 2020

No viveiro de empresas de Ribeira celebrouse hoxe o acto de clausura e entrega de diplomas dos cursos de Hixiene alimentaria e manipulación de alimentos e Operador/a de carretillas elevadoras organizados de xeito gratuíto polo Concello a través da Concellería de Promoción e Dinamización Económica.

En total, participaron 28 persoas, o máximo do aforo nas dúas accións formativas: 18 na de manipulación de alimentos e 10 na de operador/a. Desde o Concello manifestan que, debido á gran aceptación dos cursos, resultou preciso facer un sorteo público en ambas modalidades, xa que o número de inscritos na primeira foi de 30 e na segunda de 43.

O edil Ramón Doval encargouse da entrega de diplomas nestas accións formativas que se veñen celebrando anualmente desde o 2016 e que contan con numerosos participantes.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.