Verdegaia denuncia vertidos de augas industriais á rede urbana da EDAR de Ribeira

02 Xaneiro 2020

A plataforma medioambiental Verdegaia comezou o ano poñendo o foco na comarca do Barbanza: lanzando un comunicado no que se denuncian “graves irregularidades na Estación Depuradora de Augas Residuais de Ribeira”, entre as que se atopan, segundo fai saber a organización ecoloxista, a “existencia de vertidos sistemáticos de augas industriais no Polígono de Xarás á rede urbana de saneamento da EDAR do concello”.

Verdegaia explica que os devanditos datos figuran na auditoría feita por Adantia1 en relación ao funcionamento da dita instalación, aos que a plataforma tivo acceso e entre os que figuran, engade, “numerosas eivas que non parecen razoábeis nunha infraestrutura que leva tan pouco tempo en funcionamento”. Entre estas eivas atópase tamén o devandito problema do aliviadoiro de augas de orixe industrial. Ao fío disto, Verdegaia lembra que en “todos os documentos oficiais relacionados coa EDAR insístese en que esta está proxectada para auga urbana, e non para augas industriais”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...