Varios touroperadores interésanse nos recursos náuticos de Arousa Norte

24 Xaneiro 2020

Unha intensa axenda está marcando a presenza dos alcaldes da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte durante a súa estadía en FITUR, a feira internacional de turismo de referencia que se celebra estes días no recinto IFEMA de Madrid.

Despois de que na tarde de onte tivese lugar a estrea oficial do vídeo divulgativo do Camiño de Santiago do Barbanza, A Orixe, que une Corrubedo con Compostela; agora os rexedores atópanse mantendo diversos encontros enfocados en promocionar, de maneira conxunta, os atractivos turísticos que atesouran Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo. Neste senso, entrevistáronse coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e conversaron co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; ademais de concertarse reunións de traballo con varios touroperadores interesados en coñecer os recursos náuticos de Arousa Norte.

Así mesmo, programouse outro encontro de traballo coa Mancomunidade do Salnés co obxectivo de afondar nos lazos de cooperación entre as dúas bandas da ría arousá, acadando sinerxías sobre a base dun patrimonio hídrico único na xeografía galega e estatal.

Outros artigos

O Concello da Pobra presenta o VII Ciclo Victoriano García Martí

O Concello da Pobra do Caramiñal presentou na mañá deste 14 de abril o VII Ciclo Victoriano García Martí, unha iniciativa xa consolidada no calendario cultural do municipio que rende homenaxe a unha das figuras máis destacadas da súa historia. A programación,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.