Suma Ribeira propón a inclusión de presupostos participativos de cara este 2020

20 Xaneiro 2020

A formación Suma Ribeira vén de presentar para o seu debate en pleno unha proposición de cara os orzamentos municipais de 2020, concretamente, en relación aos investimentos en accesibilidade, Servizos Sociais e inclusión de presupostos participativos. A agrupación política sinala que “fai referencia a tres aspectos senlleiros que, ao noso entender, deben figurar nos orzamentos municipais cunha dotación específica.”

No que respecta á accesibilidade, consideran “necesario” realizar un plan que afecte a todo o municipio, detectando “as carencias en accesibilidade e que nesta lexislatura se lle poña remedio.” Neste senso, propoñen o incremento da contía destinada a este tipo de actuacións dentro do orzamento municipal correspondente ao presente ano, concretamente, consignar a cifra de 100.000 euros específica para empregar na mellora da accesibilidade dos espazos públicos existentes; ademais de que “un mínimo do 25% da cantidade executada será decidido entre tódalas persoas do noso Concello con problemas de accesibilidade, polo procedemento que a tal fin se elabore.”

En canto a intervencións de protección e promoción social, incluíndo partidas de ‘Servizos Sociais e Promoción Social’ e ‘Fomento do Emprego’, demandan que nos presupostos do presente ano “se consigne para Servizos Sociais unha cantidade mínima equivalente á metade da diferencia entre 111 euros por habitante e ano e a cifra correspondente executada no ano 2019”, establecendo un “itinerario de continuidade nos presupostos executados do 2022 e 2023 que leve a acadar unha clara superación da media provincial e galega como obxectivo desta lexislatura municipal.”

No relativo aos presupostos participativos, expoñen que, nunha sociedade democrática, a participación “é unha das cuestións substanciais”, razón pola cal propoñen que nun 5% do presuposto de inversión “sexan os propios veciños os que decidan a que se van dedicar.” A tal efecto, sería preciso elaborar un regulamento específico que fixaría o procedemento a seguir co obxectivo de levalo á práctica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.