Segue cortada a estrada AC-303 (Olveira-Espiñeirido). Está previsto que o martes se reanude a circulación

18 Xaneiro 2020

Tal como informamos en O Barbanza o temporal que provocou a borrasca Brendan deixou un regueiro de incidencias este xoves na comarca. A autoestra AC-303 en Ribeira abrirá o martes. Unha focha de 3 metros de diámetro cortou o tráfico desde o xoves. O corte afecta desde o Colexio de Olveira ata o cruzamento de Espiñeirido.

Focha na zona de Olveira. Fonte Protección Civil Riveira

Ribeira, A Pobra, Boiro, Rianxo e Porto do Son foron os concellos con máis incidencias de Galicia. Un dos seus efectos máis importantes foi o corte ao tráfico da estrada AC-303, en Ribeira, no quilómetro 4,40 en ambolos dous sentidos e foi provocado por unha enorme focha de 3 metros de diámetro, “aínda que en superficie é de 1 metro”, o que obrigou a cortar a estrada. A incidencia afecta á circulación que cruza a zona oeste do concello ribeirense, desde Artes ata Corrubedo. Estrada que sufría ata catro puntos de inundación xa que os colectores non deron abasto.

Outros artigos

Ribeira prepárase para unha nova edición do IV Ciclo da USC

O Concello de Ribeira mantén aberto o prazo de matrícula da IV Ciclo da USC ata o 24 de xullo; unha acción formativa dirixida a alumnado maior de 50 anos, tal e como indicou a concelleira de Educación, Nucha Brión. Segundo manifesta a edil, "nunca é tarde para seguir...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.