SEA, Concello e ARE analizan novas fórmulas de comercialización para o parque empresarial rianxeiro

09 Xaneiro 2020
Cedida

A xerente de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo, reuniuse onte co rexedor de Rianxo, Adolfo Muíños; a tenente de alcalde, María del Carmen Figueira; o presidente da Asociación Rianxeira de Empresarios, Luis Duro; o secretario da entidade, Diego Rodríguez; e a técnica Ana Vicente. Na xuntanza analizáronse novas fórmulas de comercialización para o parque empresarial rianxeiro. A este respecto, Beatriz Sestayo manifestou que “quedamos á espera das demandas dos empresarios para tentar adaptar os plan de comercialización da SEA no polígono.”

Pola súa parte, o mandatario local, Adolfo Muíños, amosou a súa satisfacción polo encontro no que os empresarios deron traslado das “demandas concretas do que se pode facer dentro do marco legal e ordenanzas do propio parque”. Tamén agradeceu “a presenza e a predisposición da SEA para que a esas posicións que os empresarios demandan se lle poida dar viabilidade.”

Así mesmo, a tenente de alcalde, María del Carmen Figueira, transmitiu a súa confianza en que “por unha vez por todas a teoría se converta en realidade”; mentres que Luis Duro destacou que “as condicións para adquirir terreo son inmellorables e as relacións con SEA e o Concello son inmellorables. SEA está aberto a negociacións.”

O polígono de Rianxo conta cunha superficie bruta de 317.728 metros cadrados e netos 200.156, estando dispoñibles 127.470. En total, están vendidas 24 parcelas.

No 2018 avanzouse neste eido comercializándose dúas parcelas, as cales sumaban 4.141 metros cadrados; e en 2019 outras dúas -de 1.125 e 3.466 metros cadrados- a Proameixa e Transportes Potel.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.