Ricardo de Barreiro e o Castelo da Lúa, protagonistas da finde cultural de Rianxo

24 Xaneiro 2020

O Concello de Rianxo afronta a última fin de semana de xaneiro cunha completa axenda de actividades culturais. Á cita arredor de Rafael Dieste que se celebrou onte na súa casa-museo, da man de José Luís do Pico Orjais e Barahúnda, súmase a sesión de poesía e performance que depara este venres 24 o actor e escritor de Lousame Ricardo de Barreiro á veciñanza de Rianxo. A cita de hoxe será na Biblioteca Municipal, a partir das 20.30. A sesión (A+A) de Ricardo de Barreiro é unha sesión dupla: comeza sendo a presentación dun audiolibro para internarse de cheo nas súas páxinas.

Máis en detalle, a performance poética A+A narra a historia de “dous peixiños autodidactas aprendendo a amar, dous seres anónimos que deciden contar a súa propia historia anónima de amor”. A sesión,un espectáculo-viaxe para público adulto, ten unha duración aproximada de unha hora e quince minutos, e artéllase como dixemos en dúas partes: unha primeira parte na que, “de xeito informal e distendido”, se explica o porqué e o como se fixo este audio-caderno de artista, e unha segunda parte na que, despois de apagar todas as luces do espazo, faise unha lectura dos poemas de A+A dun xeito “intimista e emocionante”.

Respecto da xornada do sábado, incluirá a presentación dunha curtametraxe que ten de pano de fondo o Castelo da Lúa, a lendaria construción medieval de Rianxo, o fío condutor dunha nova obra audiovisual que leva o seu nome (O Castelo da Lúa) e que vai ser dada a coñecer este sábado 25 de xaneiro na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a partir das 20.00 horas. Trátase dunha curta producida por VouFilms e dirixida e escrita por Lois Basallo.

O acto, que é de balde e para todos os públicos, incluirá a proxección e, tamén, unha mesa redonda na que participará o director, Adriana Rego, historiadora da Arte, Mario César, arqueólogo e os actores Sergio Pazos e Miguel Pernas. Na presentación tamén se proxectarán outras curtametraxes da devandita produtora: As Lavandeiras e máis As Costureiras, as dúas de VouFilms. A actividade insírese no programa de accións que organiza o Concello para conmemorar o 70 cabodano de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (o programa Castelao 2020).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.