Ribeira achega un novo obradoiro de poda de froiteiras

30 Xaneiro 2020

Logo do éxito da primeira experiencia formativa de tarefas agrícolas e hortícolas, na que participaron máis de dúas ducias de ribeirenses, o Concello de Ribeira vén de pór en marcha, a través dos seus Servizos Sociais Comunitarios, un segundo curso de poda de froiteiras de óso e pebidas que prosegue o ronsel do bo sabor de boca deixado polo obradoiro da semana pasada, que conseguiu completar o aforo.

Desta vez, o curso teórico-práctico celebrarase os días 7 e 9 de febreiro en horario de tarde. Será impartido novamente por Carme Freire e está dirixido a persoas pensionistas maiores de 55 anos. As inscricións pódense formalizar a partir do luns 3 de febreiro na Oficina de Atención Cidadá situado no andar baixo da Casa do Concello.

Esta segunda convocatoria do obradoiro veu motivada polo interese mostrado pola cidadanía para formarse en labores agrícolas con froiteiras, xa que coa edición dos días pasados non foi posíbel satisfacer tódalas solicitudes de inscrición cursadas.

Outros artigos

O mercado ambulante semanal de Ribeira celebrarase no 15 de agosto

O Concello de Ribeira informa de que no sábado, 15 de agosto, desenvolverase o mercado ambulante semanal ao ser o desexo da maioría dos propietarios dos postos despois de que non puidesen montar durante dúas semanas por mor do 25 de xullo, Día de Galicia, e por estar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

Hai xente moi miserable. Chamando ratas, animando á caza e á pesca de migrantes por parte de responsables públicos é un evidente delito de odio e unha carencia de ética e moralidade da máis elemental. Os cidadáns normais non podemos unir o noso silencio ante tantas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.