Rianxeira comeza o ano cun novo reto #RianxeiraQuizz no seu Facebook

09 Xaneiro 2020

Co inicio do novo ano, a conserveira boirense JEALSA Rianxeira lanzou no seu Facebook un novo desafío para os seus clientes e para os usuarios en xeral da rede social: o reto Rianxeira Quizz (a edición deste xaneiro de 2020 acabado de estrear), no que poderán participar todos os membros da comunidade de Facebook maiores de idade residentes en España e que sexan seareiros do espazo propio da conserveira. O obxectivo, segundo avanza a empresa, é premialos pola súa fidelidade.

A mecánica desta nova edición do quizz consiste novamente en lanzar aos seareiros unha pregunta sinxela á que deberán responder: convídase a que descubran o nome dun produto de Rianxeira que aparece sen envase na publicación (terán que responder no propio post). Neste #RianxeiraQuizz de xaneiro o produto que deu “o chimpo do seu envase” é coñecido por ser rico en Omega 3, segundo fai saber a conserveira.

Igual que na anterior edición, durante todo este mes de xaneiro iranse contabilizando todas as respostas dos usuarios e, ao rematar, na data indicada nas bases legais, darase por concluído o certame e procederase a un sorte aleatorio. O gañador ou gañadora conseguirá de premio un lote variado de produtos Rianxeira, que contactará coa persoa agraciada a través dunha mensaxe privada de Facebook.

Outros artigos

Amicos énchese de personaxes de cinema para celebrar o Samaín

Meigas, criaturas do máis alá e personaxes dalgunhas das películas máis coñecidas do cinema de terror déronse cita na sede boirense de Amicos para celebrar o Samaín 2026. O Centro de Atención Integral transformouse nun escenario de película, onde persoas de todas as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.