Ramiro Carregal e a FIDIS convocan o segundo Premio de Investigación en Cardioloxía

31 Xaneiro 2020

O mecenado coa innovación e a investigación médica do presidente de FRINSA, Ramiro Carregal, escribiu onte un novo capítulo. Foi en Compostela, e tivo como protagonista ao empresario afincando en Ribeira e máis á FIDIS (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago), que presentaron a segunda edición do Premio de Investigación en Cardioloxía. No acto, formalizando o acordo que fai posíbel o galardón, participaron Ramiro Carregal, a xerente da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza e presidenta da FIDIS, Eloína Núñez, o doutor José Ramón González-Juanatey e máis Isabel Lista García, directora da dita fundación.

Segundo fixeron saber, a nova convocatoria vén cunha contía de 20.000 euros, sendo o seu obxectivo, novamente, facer avanzar a investigación en doenzas valvulares cardíacas, que é unha das enfermidades máis estendidas entre a poboación.

Como lembraremos, a primeira edición do recoñecemento médico impulsado por Ramiro Carregal foi dar na recta final de 2019 a mans do proxecto do equipo liderado por Diego López Otero. A distinción supuxo 20.000 euros que irán destinados ao proxecto que desenvolve este grupo de médicos do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). O traballo do doutor Diego López e o seu grupo de investigación céntrase en afondar na pegada da amiloidose cardíaca en doentes con estenose aórtica severa.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.