PBBI pide revisar os vaos dos garaxes para verificar que cumpren coa legalidade

24 Xaneiro 2020

O Partido Barbanza Independente (PBBI) de Ribeira vén de presentar, a través do seu vogal Vicente Mariño de Bricio, unha moción para ser tratada no Pleno da corporación municipal de Ribeira relativa aos vaos permanentes dos garaxes e o seu sistema de funcionamento que, en opinión da agrupación, cómpre ser mellorado. A moción, segundo sinala Mariño de Bricio, ten a súa orixe en diversas comunicacións mantidas polo PBBI coa veciñanza da localidade, que serviron para pór sobre a mesa “diversas situacións irregularidades no funcionamento e utilización do dito sistema de vaos”.

Segundo concreta o PBBI, algunhas destas concesións de dereito de tránsito (e non estacionamento) “puideran non estar ao corrente nos pagos das taxas correspondentes segundo a ordenanza fiscal reguladora”. O partido tamén advirte de que existen casos nos que a sinalización é ilegal ou mesmo se ten constatado a existencia de marcas viarias (as que delimitan o espazo no que está prohibido estacionar) cunha “lonxitude que excede o necesario, pois hai algúns que ocupan cinco metros, cando con tres metros seríalles suficiente”. Por estes motivos, o PBBI require levar a cabo unha inspección ou revisión de todos os vaos para comprobar que cumpren coa legalidade.

A maiores, a agrupación sostén que a ordenanza municipal de circulación na que se recolle un apartado referido aos vaos permanentes “precisa dunha axeitada actualización para a súa mellora” ou ben “dunha ampliación dos seus contidos” para que, advirten, poidan ser contemplados diferentes aspectos que dean máis seguridade aos cidadáns.

O grupo que coordina Vicente Mariño tamén avoga por “seguir o exemplo doutras localidades” nas que nas placas dos vaos permanentes inclúese o ano en que está en vigor dita sinalización, “xa que hai placas que se manteñen colocadas e non están en situación legal”.

En virtude de todo o exposto, o grupo municipal do Partido Barbanza Independente (PBBI) solicita que o Pleno acorde o seguinte:

-Instar o Concello de Ribeira a que se realice unha inspección e revisión dos vaos permanentes existentes na actualidade para que se regularice a súa situación, tanto ao pago das taxas para que estean ao corrente do seu pago, como da legalidade da placa colocada e da lonxitude da liña ou franxa amarela pintada no bordo da beirarrúa.

-Revisar a ordenanza municipal de circulación no apartado sobre vaos permanentes e temporais para que se complete a normativa a aplicar. De igual modo, solicítase que o Concello ribeirense aprobe e aplique bonificacións nos vaos concedidos ás empresas instaladas no parque empresarial de Xarás pola actividade e emprego que xeran.

Outros artigos

Ribeira convoca ao voluntariado para limpar a praia de Coroso

Este venres 25 de abril, a concelleira de Medio Ambiente, Antía Alberte, e máis o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, anunciaron que o vindeiro sábado 3 de maio, a partir das doce na praia de Coroso e á altura da Escola Oficial Náutico Pesqueira, procederase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

Hay cardenales que no creen en Dios. Pero antes de empezar con el tema diré que ya se realizó el primer milagro de Francisco. Alguien puede decirme como 140 señores de promedio 75 años pueden aguantar 5 horas sentados al sol sin hacer 3,14 - 3,14, es decir pipi. Vamos...