Ovidio Rodeiro destaca os 20 cursos AFD que se imparten na comarca para formar a 300 persoas

31 Xaneiro 2020

O delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá ao alumnado de dous cursos AFD (Accións Formativas dirixidas prioritariamente a Desempregados) que iniciaron a súa formación na Academia Arca, en Boiro. Concretamente, están sendo formados en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, así como en operacións auxiliares de servizos  administrativos. Este centro ten concedidos seis cursos para impartir nesta comarca e contará cunha achega da Xunta de máis de 289.000 euros.

Esta formación está desenvolvéndose en centros homologados, que poden ser tanto empresas coma Concellos e entidades sen ánimo de lucro. Ovidio Rodeiro sinalou que “a través deste programa a Consellería de Economía, Emprego e Industria está investindo na provincia coruñesa máis de 11’8 millóns de euros.”

Os participantes nestes cursos tamén teñen dereito, sempre que cumpran uns requisitos, a becas que inclúen transporte, manutención, aloxamento, conciliación e apoio a alumnado vítima de violencia de xénero ou con necesidades especiais.

O delegado territorial destacou que na área do Barbanza se están impartindo 20 cursos para formar a 300 alumnos cun investimento que supera os 830.000 euros. Estas accións están celebrándose na súa maioría en empresas e entidades sen ánimo de lucro e catro deles están organizados polos concellos de Boiro, Porto do Son e Ribeira. Os organizadores ofertaron accións formativas nos principais sectores da economía, primando a formación no eido do naval, a automoción, a edificación e obra civil, así como competencias clave e dixitais.

Esta iniciativa, que se enmarca na Axenda 20 para o Emprego, conta co obxectivo de seguir incrementando a ocupabilidade das persoas sen un traballo, facilitándolles o seu acceso ao mercado laboral, ao tempo que se dota a Galicia dun capital humano máis formado de acordo ás necesidades reais das empresas. A convocatoria destes cursos é plurianual (2019-2020), o que posibilita que se imparta unha formación máis completa e, polo tanto, lógrase unha maior empregabilidade do alumnado.

A Xunta continúa impulsando os cursos de formación dirixidos a persoas desempregadas, Así, nas últimas edicións alcanzouse un grao de inserción de preto do 60% e deles, 2 de cada 3, conseguírono nos seis primeiros meses tras a finalización do curso.

Na selección do alumnado tiveron preferencia as mulleres, parados de longa duración, menores de 30 anos, emigrantes retornados, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, alumnos con baixa cualificación ou persoas que teñan superados un ou varios módulos dun certificado de profesionalidade ou que obtivesen certificados parciais.

Outros artigos

Ribeira celebra o Día da Bici con máis de 400 participantes

Ribeira viviu este domingo unha xornada festiva co Día da Bici, un evento organizado pola Concellería de Deportes en colaboración co Club Os Saltamontes, a Asociación de Veciños de Carreira, a Policía Local, GAEM e Protección Civil. Máis de 400 persoas de todas as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.