Os socialistas de Ribeira levarán a pleno a situación do servizo de atención á dependencia e axuda no fogar

14 Xaneiro 2020

O grupo municipal do PSdeG-PSOE ribeirense levará a pleno un acordo no que se inste á Xunta de Galicia e ao Goberno de España a asumir o custe do servizo de atención á dependencia e axuda no fogar, ou, cando menos, dotar aos Concellos “das cantidades orzamentarias suficientes para facerlles fronte, chegando como mínimo á aportación que fai a Deputación da Coruña.” Así mesmo, instar á Xunta de Galicia a negociar e aprobar coas Administracións locais, a través da FEGAMP, nos primeiros meses do 2020, “un sistema de financiamento xusto e acorde coas condicións laborais” do presente ano, que permita aos Concellos manter e mellorar o referido servizo.

Os socialistas expoñen que os Concellos asumen “cada vez máis, competencias impropias”, ademais de afirmar que estas non veñen acompañadas do suficiente e correspondente financiamento para afrontalas. A razón da súa proposta fundaméntase en que o servizo de atención á dependencia e axuda no fogar, tal e como manifestan, constitúe unha desas “competencias impropias”, correspondéndolle ás Administracións autonómica e estatal, pero que “cada vez de xeito máis preocupante, está a supoñer unha carga financeira, ás veces xa inasumible, para os orzamentos locais.”

Ante isto, sinalan que a Xunta de Galicia aporta desde o ano 2008, a cantidade máxima de 9’70 euros por hora, “sen levar a cabo neste intervalo ningunha actualización”; mentres que a Deputación da Coruña aporta, desde o ano 2018, 12 euros por hora, unha cifra que o grupo municipal considera “moito máis acorde co custe total do servizo.”

Os socialistas engaden que, neste momento, os Concellos “nos vemos na obriga de actualizar as licitacións para a prestación deste servizo”, as cales, segundo expresan, contemplan actualizacións de prezos que van desde os 16 euros por hora ata os case 23 euros por hora como consecuencia do incremento dos salarios e modificacións de convenios colectivos. Segundo indican, este incremento de prezo redunda, principalmente, “nunha xusta mellora nas precarias condicións contractuais que a día de hoxe sofren as traballadoras (na súa inmensa maioría) e os traballadores deste servizo”; así como “nunha mellora das prestacións ás persoas usuarias (fundamentalmente persoas maiores e dependentes).”

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.