Os plans de actualización para docentes chegan a catro novos centros de Arousa Norte

22 Xaneiro 2020

Catro centros educativos dos concellos de Arousa Norte veñen de incorporarse aos plans de formación permanente do profesorado que o Goberno galego adica a actualizar e perfeccionar as competencias profesionais dos docentes, “precisas para responder aos retos educativos actuais”. Estes centros acabados de adherirse son o IES Pobra do Caramiñal, o IES Espiñeira de Boiro, o IES Leliadoura de Ribeira e o CEIP Plurilingüe de Palmeira, aos que cómpre engadir, a nivel de Barbanza, o CEIP de Campanario en Porto do Son e o CPI Cernadas de Castro de Lousame.

Os devanditos centros incorpóranse a unha rede formación docente que xa está integrada, entre outros, polo CEIP Pilar Maestu Sierra e o EEI Fernández Varela (A Pobra), os CEIP de Cespón, Escarabote, Abanqueiro, Praia Xardín, Santa Baia, Santa María do Castro, os IES A Cachada e Praia Barraña (Boiro), os CEIP Castelao, Ana María Diéguez e Brea Segade e o IES Félix Muriel (Rianxo), e os CEIP de Olveira, Aguiño, Frións, Artes, Ribeira e Carreira (Ribeira) e o CIFP De Coroso, o EEI Deán Grande e o IES número 1 de Ribeira.

Na iniciativa, como se pode comprobar, entran en xogo centros públicos que imparten Primaria, ESO e Bacharelato. A convocatoria dos plans de formación permanente para o profesorado veñen cunha ducia de liñas de traballo, entre as que se sinala como prioritaria a de deseño e desenvolvemento curricular. Ademais desta liña os plans poden abordar a planificación estratéxica das linguas no centro, a integración didáctica das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), a escola inclusiva e atención á diversidade, a convivencia escolar e clima da aula, a actualización científica e didáctica do profesorado, a mellora da xestión dos centros, os programas europeos e internacionais, a biblioteca escolar, as iniciativas formativas no ámbito STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas polas súas siglas en inglés) e a orientación vocacional e profesional.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 277,  na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

Hai xente moi miserable. Chamando ratas, animando á caza e á pesca de migrantes por parte de responsables públicos é un evidente delito de odio e unha carencia de ética e moralidade da máis elemental. Os cidadáns normais non podemos unir o noso silencio ante tantas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.