Os moitos atractivos do Camiño de Barbanza, en FITUR

23 Xaneiro 2020

Un ano máis, a comarca do Barbanza ten moito que dicir no salón referencial de turismo estatal e europeo: FITUR. Entre as moitas entidades, organizacións e empresas que xa están en Madrid dando conta das nosas potencialidades en materia de riqueza social e turística sustentábel atópase a Asociación Amigos do Camiño de Santiago (A Orixe), que, en colaboración coa Mancomunidade Arousa Norte e os concellos integrados nestas entidade (Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo), participan na feira, xunto cos concellos de Padrón e Dodro, presentando o Camiño de Santiago do Barbanza. A orixe. Trátase dun itinerario que partido do Faro de Corrubedo, como punto máis occidental do mesmo, conflúe na Colexiada de Iria Flavia co Camiño Portugués e segue logo en dirección a Compostela.

Nas presentacións estarán presentes Irene Maneiro Paz, coordinadora técnica de Arousa Norte e Manuel Ruiz Rivas, presidente da mancomunidade, sendo asistidos por Manuel Mariño Nin e Antonio González Millán, presidente e secretario (respectivamente) da Asociación Amigos do Camiño do Barbanza. A Orixe.

Para mostrar todos os atractivos do itinerario comarcal, ao longo destas xornadas será exhibido o vídeo promocional producido por Lesmes Fotógrafos, patrocinado por Arousa Norte e documentado por colaboración desta Asociación de Amigos do Camiño.

Entre as iniciativas promovidas pola asociación para esta cita cos operadores turísticos e colectivos profesionais do sector, figura a edición e distribución dun folleto publicado en catro linguas (galego, español, inglés e alemán) para dar a coñecer aos viaxeiros este Camiño Xacobeo por vía terrestre que une as antigas Terras de Santiago do Barbanza, Sar e Compostela. Inclúe textos e imaxes escollidos para facer descubrir, en palabras da asociación, “lugares de tradicións milenarias e testemuñas centenarias do patrimonio cultural en relación co fenómeno xacobeo”. A edición, por certo, está patrocinada pola empresa pobrense CONGALSA.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.