Os Heredeiros rebentan a billeteira para o seu concerto do 14 de marzo na Pousada

30 Xaneiro 2020

A banda ribeirense Heredeiros da Crus vai estar os días vindeiros en Boiro para presentar o seu novo disco, Derretidos. Farano na Pousada da Galiza Imaxinaria que rexenta Suso Santamaría, o día 14 de marzo, logo dunha xira galega, estatal e internacional que foi bautizada polos seus integrantes como “Xira Europrea”.

Os seareiros privilexiados que conseguiran entrada (o concerto xa ten o cartaz de sold-out) van ter unha boa historia musical que contar ás xeracións vindeiras, que, de seguro, seguirán escoitando aos Heredeiros e eses temas que, como Esquimales, poñen de volta e media as redes sociais (Esquimales xa obxecto de case 31.000 visualizacións, e segue adiante, contra vento e marea, coa súa etiqueta de linguaxe incorrecta potencialmente ofensiva).

Se ben o fío temático do concerto será a presentación de Derretidos, que chega media ducia de anos despois do seu anterior LP (Jard Rock con Fe) e tres logo do seu último single (Buscando a Superfama), de seguro que haberá marxe para os temas históricos que lle deron ao grupo iso que veñen chamando, con moita rexouba, “a superfama”. Derretidos está composto por doce contundentes cancións con todos os trazos orixinais de Heredeiros presentes (o humor, o galego, a retranca, a contundencia rockeira) e algún que outro máis de agasallo.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...