O renovado parque infantil de García Bayón reabrirase o próximo mércores

17 Xaneiro 2020

O 22 de xaneiro é a data prevista polo Concello de Ribeira para a reapertura do renovado parque infantil situado no García Bayón, logo de efectuar os últimos retoques relativos ao pintado de bancos e outros pequenos traballos para unha intervención que incluíu tanto a extensión de pavimento de caucho continuo sobre toda a superficie coma novos xogos, moitos deles inclusivos.

O novo parque infantil ten capacidade para un total de 140 usuarios con idades entre os 0 e os 14 anos, podendo facer uso simultáneo dos xogos que alí se van situar, distribuídos en dúas zonas en función dos tramos de idade. Entre os elementos, destaca un xogo en forma de nasa que foi especialmente deseñado para a cidade ribeirense. Esta estrutura estará equipada con iluminación LED e incorporará un tobogán tubular de grandes dimensións, unha rampla de esvaradío, tres plataformas polas que a rapazada poderá ascender ou descender dunha a outra, unha liana de ascenso, unha rede inclinada de cuadrícula de trepa e unha zona de presas de escalada.

Ademais, procedeuse á instalación dunha cama elástica con capacidade para catro persoas; un gran domo capaz de albergar ata 25 cativos de 4 a 14 anos que tamén levará iluminación LED; un balancín carrusel múltiple; un tobogán en forma de barco para os máis pequenos; e diversos elementos inclusivos pensados para persoas con diversidade funcional, coma un pasadizo secreto e outro elemento figurativo, ambos personalizados, así como un columpio.

Do anterior parque infantil consérvanse, despois de ser restaurados, o equipo combinado e a tirolina, a cal motivou un certo retraso na apertura do parque pola espera en recibir algunhas das pezas que a compoñen.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.