O PSdG de Ribeira pide o arranxo dunha beirarrúa afectada por un derrube na costa da Mámoa

04 Xaneiro 2020

Os socialistas de Ribeira veñen de mostrar a súa preocupación polo estado dun treito da costa da Mámoa na que, segundo advirten, diversas causas provocaron un derrube de terras e vexetación que complica o libre paso de peóns pola beirarrúa. Segundo engade o grupo local do PSdG que coordina José Vilas, este treito crítico atópase na rúa Alcalde Fernández Bermúdez, xusto na marxe esquerda onde se estreita o paso dos viandantes.

O derrube de terras rexistrouse o pasado 30 de decembro, derivando na imposibilidade de seguir usando as beirarrúas (os peóns están obrigados a cruzar a calzada para transitar, o que implica, engaden os socialistas, problemas serios de seguridade, ao tratarse dunha estrada con curvas moi pechadas). O grupo lembra que “a día de hoxe os escombros seguen sen ser retirados”. Por esta razón, piden que o Concello habilite de inmediato a beirarrúa afectada, co fin de garantir a seguridade dos residentes e, tamén, dos usuarios das infraestruturas deportivas da Fieiteira.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.