O PSdeG-PSOE de Ribeira propón dotar á entrada do hospital comarcal dunha viseira de protección

15 Xaneiro 2020
Cedida por PSdeG-PSOE de Ribeira

O grupo municipal do PSdeG-PSOE ribeirense levará a pleno a posibilidade de dotar a zona da entrada principal do Hospital da Barbanza dunha viseira de protección co obxectivo de, segundo manifestan, “mellorar as condicións de accesibilidade ao centro sanitario dos pacientes e usuarios do centro asistencial.”

A formación expón que, en días de chuvia intensa, resulta complexo o acceso pola entrada principal do hospital comarcal para persoas con mobilidade reducida, diversidade funcional ou maiores en cadeira de rodas que teñen que ir a unha consulta ou revisión. Os socialistas argumentan que, con condicións meteorolóxicas adversas, estes usuarios acábanse mollando a pesar dos intentos por evitar esa situación, podendo recorrer, en caso de temporal, ao permiso da supervisora ou coordinadora de Urxencias para entrar por esa área determinada, a cal dispón dun cuberto, pero “sempre que sexa unha persoa con mobilidade reducida, ou pacientes críticos, e de tódolos xeitos é unha merma de tempo moi notable, para uns e para os outros.”

Neste senso, consideran que a instalación dunha viseira pouco máis ancha que a beirarrúa fronte á entrada principal, “facilitaría solventar o inconveniente que sofre este colectivo, e calquera outro usuario que teña que acceder ao recinto sanitario, e que os protexa das inclemencias do tempo hostil.” Deixan o aspecto do deseño a criterio dos técnicos do organismo competente, poñendo como exemplo unha peza tipo ménsula en aluminio, resistente á corrosión, con fragmentos en aceiro inoxidable e cubrición en prancha de policarbonato, metacrilato ou vidro laminado.

Conclúen expresando que “esta obra beneficiaría a unha importante poboación, e redundaría nun aumento da seguridade na accesibilidade ao Hospital da Barbanza. En definitiva, nunha mellora de vida das persoas, que é, o fin e o cabo, o que perseguimos.”

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.