O programa Castelao 2020 achega dúas xornadas de presentacións literarias, homenaxes e roteiros

29 Xaneiro 2020

O 2020 comezou cun forte compoñente literario: co amplo programa de actividades conmemorativas do 70 cabodano do falecemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, o célebre escritor, debuxante, intelectual e político rianxeiro. O programa vén da man do Concello e todas as accións que o integran teñen un cometido común, que é seguir lembrándolle ao mundo a vixencia do seu discurso e do seu legado. Esta fin de semana o programa Castelao 2020 chega ao seu punto culminante estes días cunha cita con Barbantia, un acto floral, un paseo literario por Rianxo e unha homenaxe póstuma ao político, docente e escritor palmeirán Plácido Betanzos.

As propostas comezaron o 20 de decembro coa apertura da exposición Sempre en Galiza: homenaxe de artistas galegos, habilitada no Auditorio até o 1 de febreiro, e proseguiron cunha performance poética de Ricardo de Barreiro (o 24 de xaneiro na Biblioteca Municipal) e máis coa proxección, o día 25, da curtametraxe O Castelo da Lúa, de Vou Films, dirixida e escrita por Lois Basallo e protagonizada por Sergio Pazos, Miguel Pernas e, tamén, o castelo medieval rianxeiro que lle dá título e serve de pano de fondo.

Polo que se refire á axenda desta finde, este venres 31 de xaneiro celébrase na Sala Arcos Moldes do Auditorio unha dupla estrea literaria: a presentación do número 151 de A Voz de Barbantia e (tamén) a recalada en Rianxo da novela Escribirme, de Héctor Pose Porto (Malpica, 1964) e publicada por Edicións do Peirao.

O sábado 1 de febreiro ás 12.00 horas o busto de Castelao no paseo da Ribeira será o escenario dunha ofrenda floral ao autor de Sempre en Galiza, ao que seguirá un roteiro histórico-literario polas rúas de Rianxo.

Amais, faráselle unha homenaxe póstuma a Plácido Betanzos, autor do libro Relatos e lembranzas,recentemente publicado co apoio directo da Deputación da Coruña. Participarán José Muñiz Santalla (comisión de homenaxe a Plácido Betanzos), Manuel Cartea Gómez (Barbantia) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo). Presentará o acto Xosé Deira Triñanes. Será ás 20.00 horas no salón de actos do Auditorio.

Por certo que a presentación de Desvelando a Ademar Escambia, de José Carou Rey, prevista inicialmente para este sábado, organizarase os días vindeiros nunha data que será dada a coñecer polo Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.