O Premio Modesto Figueiredo de literatura, edición XLV, desvélase este sábado en Ribeira

23 Xaneiro 2020

Comezou a conta atrás para a resolución da XLV edición do Premio Modesto R. Figueiredo. De feito, o Concello de Ribeira lembrou hoxe que o sábado 25 de xaneiro desvelarase a identidade de persoa gañadora do certame. Será no transcurso dun acto no salón de plenos do Consistorio local a partir das 18 horas.

De acceso libre, o evento estará presidido polo alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas, e contará coa presenza do autor ou autora galardoada. Tamén participarán, entre outras/os, o presidente da Fundación Pedrón de Ouro, Xosé Ramón Fandiño, o secretario do xurdo David Otero e o mantedor Antonio Piñeiro.

O Concello engadiu que a cita estará amenizada cunha intervención do pianista Yuri Durán, que xa interveu recentemente na entrega dos Premios Atlante de Gravado.

Na nova edición do certame que leva o nome de Modesto R. Figueiredo concorreron finalmente 39 obras. Segundo salienta o Concello de Ribeira, trátase dun dos galardóns de literatura galega contemporánea máis prestixiosos das nosas letras.

O xurado estivo composto por Xosé Ramón Fandiño Veiga, presidente do Pedrón de Ouro; Antonio Piñeiro, en representación do Concello; Ruben Eyré, polo PEN Clube de Escritores de Galicia; Agustín Agra, pola Asociación de Escritores en Lingua Galega; e José Carou, gañador da edición do 2018 e como representante da Fundación do Pedrón de Ouro. Actuou como secretario David Otero, secretario do Pedrón de Ouro.

De acordo coas bases do certame, a obra gañadora está premiada con 1.000 euros. Amais, déixase marxe á posibilidade de que haxa ata dous segundos premios (accésits), cada un dotado con 400 euros. O concurso está dirixido a autores e autoras de calquera nacionalidade, cunha ou máis obras, sempre que estean escritas en lingua galega, sexan inéditas e non se presentasen antes a ningún outro certame literario.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.