O festival de murgas e comparsas do Entroido de Ribeira repartirá 6.000 euros en gratificacións e premios

23 Xaneiro 2020

Nesta mesma xornada efectuouse, en xunta de goberno local, a aprobación das bases do festival de murgas e comparsas do Entroido de Ribeira, o cal se celebrará o 25 de febreiro. Entre outros aspectos figuran que as murgas e comparsas deberán estar formadas por un mínimo de doce participantes, sen límite máximo. Na categoría infantil será preciso contar cun adulto, como máximo, por cada tres cativos. Deberán representar a unha asociación, entidade ou agrupación, establecendo o máximo permitido dunha murga ou comparsa por categoría, modalidade e asociación.

As categorías e modalidades establecidas son: murgas conformadas por persoas adultas (a partir de 16 anos, inclusive. O máximo estipúlase en quince agrupacións, das que dez serán do termo municipal e cinco do resto de Galicia. De non cubrirse os máximos, admitiranse tódalas solicitudes presentadas que reúnan os requisitos destas bases); murgas infantís (ata 15 anos, inclusive. Máximo cinco agrupacións); e comparsas (máximo cinco agrupacións). Estas serán seleccionadas pola organización tendo en conta, en primeiro lugar, a antigüidade de participación neste evento e, en segundo lugar, a data e o número de rexistro da súa inscrición no festival.

As letras das murgas, tanto para a categoría infantil coma adulta, deberán ter unha extensión máxima de dúas cancións, non superiores no seu conxunto a sesenta versos, nin cunha duración total superior a oito minutos -incluíndo música, posta en escena e coreografía-.

No que respecta ao vestiario, este debe estar en consonancia con algún dos temas principais das letras das murgas ou un tema de actualidade, temática de Entroido ou interese xeral.

Por outra banda, destínase un total de 6.000 euros para o festival -3.650 euros paras as gratificacións e 2.350 euros para os premios-. Así, as murgas na categoría de adultos poderán optar a un primeiro premio de 1.000 euros, un segundo de 600 euros, un terceiro de 400 euros e un especial de 350 euros. As murgas galardoadas quedarán excluídas das gratificacións; mentres que as murgas infantís e comparsas non optarán a ningún premio.

A decisión recaerá nun xurado composto por seis membros: tres profesionais (un por cada categoría a valorar, as cales son Letra e Música; Vestiario, Maquillaxe e Perruquería; e Posta en escena); a concelleira de Cultura -ou quen designe-, que ostentará a presidencia do mesmo; un membro elixido ao azar polo público; e un secretario. A votación será inmediata ao remate de cada unha das actuacións, procedéndose ao final do festival coa entrega dun diploma acreditativo da gratificación e os premios.

Unha vez publicado o correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña (BOP) -con previsión de que se execute a principios da vindeira semana-, os interesados dispoñen ata o 12 de febreiro, antes das 13.30 horas, para formalizar a inscrición e presentar as letras a través do Rexistro Xeral do Concello, a plataforma dixital en https://ventanilla.riveira.es ou de maneira presencial no Centro Cultural Lustres Rivas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.