O convenio entre Concello de Ribeira e Cáritas posibilitou a recollida de 36’5 toneladas de roupa usada no 2019

15 Xaneiro 2020

O convenio de colaboración que en decembro de 2016 subscribiu o Concello de Ribeira con Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela permitiu que ao longo do 2019 se puidesen recoller 36.504 quilos de roupa usada entre os seis contedores repartidos no municipio.

O referido dato tradúcese en 2.256 quilos máis (un 6’5%) que no 2018 -no que o número de quilos recollidos estableceuse en 34.248- e 10.926 máis que en 2017 (o 42%), primeiro exercicio no que xurdiu efecto o convenio de colaboración subscrito entre o Concello e Cáritas.

Este acordo non supón ningún custe para as arcas municipais, pois é a referida organización benéfica a que, a través da empresa de inserción Arroupa, efectúa este servizo de recollida cun dobre propósito social (os labores son realizados por persoas en risco de exclusión) e medioambiental (reciclando e dándolle unha segunda vida a aquelas prendas en condicións de ser recuperadas).

En canto ao volume de recollida por contedores, o máis utilizado foi o que está situado na avenida da Coruña, con 7.868 quilos, seguido do instalado na rúa Estatuto, 7.308 quilos, e o da parroquia de Palmeira, con 6.101 quilos.

Outros artigos

A enseada da Pobra dará a saída á Liga de Cruceiros Ría de Arousa

A unión entre os clubs máis representativos na escena cruceirista de Arousa vai facer posíbel que un ano máis se celebre a clásica regata invernal na ría. Os clubs Arousa Norte (A Pobra ), Ribeira, Rianxo e o centenario Real Club de Regatas de Galicia (Vilagarcía)...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

La vicepresidenta primera del Gobierno y ministra de Hacienda, María JesúsMontero, ha justificado la intervención de Moncloa en el relevo del presidentede la empresa Telefónica, en que “tocaba el proceso de renovación” y por quées muy importante que España cuente con...

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

Una Goleta, con tres palos, Trinquete, Mayor y Mesana, cada palo aguanta su vela. Así funciona y así navega, un palo no aguanta la vela que no le corresponde, cada quien aguanta la suya. Así pues, no es eficaz, que una persona transporte los problemas de otra, podrás...