O Concello de Ribeira xa vén de recibir a EDAR de Couso

31 Xaneiro 2020

Despois da aprobación en pleno onte pola noite do convenio entre Augas de Galicia e o Concello de Ribeira polo que este último asume a xestión da EDAR de Couso, hoxe mesmo, nas instalacións da depuradora de augas residuais, formalizouse esta recepción municipal nun acto no que a xefa de sección da oficina técnica da referida entidade pública, Elvira López Dovigo, entregou as chaves da estación ao alcalde Manuel Ruiz.

No documento que plasma por escrito esta recepción faise constar unha serie de detalles que, por motivos meteorolóxicos, non puideron ser solucionados a día de hoxe, pero que, segundo afirman, si o estarán antes do 31 de marzo. Estes detalles están relacionados basicamente co mantemento -pinturas no exterior e outros-, sen que afecten en absoluto ao funcionamento da EDAR, así como a instalación do difusor do emisario, pendente de colocar cando as mareas non estean tan vivas.

Así mesmo, asinouse o devandito convenio entre Augas e o Concello no que se especifican os dereitos e deberes de cada unha das partes, ademais de establecerse unha comisión de seguimento.

O rexedor expresou o seu agradecemento a tódalas Administracións que estiveron implicadas nesta obra de 21 millóns de euros de investimento, financiados integramente por ACUAES e Augas de Galicia. Tamén agradeceu a implicación de tódolos técnicos que deron solución ás eivas detectadas durante o período de proba das instalacións, citando ademais a Manuel Quintana, como redactor do plan de saneamento local, e a David Hernáez, como enxeñeiro xefe de Augas de Galicia.

Agora, a empresa Aqualia encargarase transitoriamente do mantemento e explotación da obra e os seus colectores e tanques de tormenta mentres non se saque a concurso público. Para tal fin cóntase cun cadro de persoal conformado por oito traballadores, prestando un servizo as 24 horas do día.

Outros artigos

O BNG celebra en Ribeira un acto para conmemorar o Día da Patria Galega

No marco da campaña previa á celebración do Día da Patria, o 25 de xullo, a organización nacionalista celebrou un acto na localidade de Ribeira poñendo en valor o traballo que o BNG realiza na defensa dos intereses dos galegos e galegas e a transformación a mellor das...

+

O ribeirense Julio Silva, protagonista dun roteiro en Santiago

Este xoves 10 de xullo, Santiago de Compostela acolleu un roteiro histórico e cultural que percorreu os pasos do ribeirense Julio Silva Vilas, destacado sindicalista, xornalista e activista republicano, asasinado polo réxime franquista en xaneiro de 1937....

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

En certa ocasión alguén con boas intencións presentoulle o Gobernador Civil de Lugo, un personaxe de ortodoxo perfil franquista, ao escritor Ánxel Fole. O noso gran escritor, tendeulle a man como se adoita facer cando non temos simpatía pola persoa presentada, ao...

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

Muchas veces el silencio mata. Han sido muchos los que en la II guerra, salvaron del holocausto a muchas vidas judías, Schindler, el español conocido como ángel de Budapest, Wallenberg, o el portugués Sousa Méndes. Todos ellos hacían el bien, por el bien, por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.